30/1/12

"1Q84", de Haruki Murakami



Xa sabemos que na literatura de ficción funcionan moi ben os embaucadores. Pero mellor aínda resultan os que o fan con elegancia. O argumento de 1Q84 de Haruki Murakami é dos que non se deben contar: parecería unha tontería. Pero probade a lelo e veredes que por momentos é un puro poema.

Traducción ó castelán (en dous volumes) dispoñible en editorial Anagrama

ALFONSO BLANCO

24/1/12

Presentacións nos recreos: Mitoloxía tradicional galega

Durante esta semana e máis a vindeira, nos recreos da nosa Biblioteca proxectaremos unha presentación elaborada polos alumnos de Historia e Cultura das Relixións de 2º ESO, baixo a dirección do profesor Pepe Cabido, sobre algúns seres da mitoloxía tradicional galega.

Coidamos que é unha boa ocasión para que vos acheguedes e botedes unha ollada a trasnos, demos, bruxas, meigas e Santas Compañas.

Velaquí vola deixamos.

13/1/12

Novidades Xaneiro (II) / Novedades Enero (II)




LIBRO DO MES

Llega a nuestra Biblioteca esta novela de Roberto Bolaño, concebida en principio como una pentalogía, pero editada póstumamente en un solo volumen. Multitud de personajes desfilan por sus páginas en torno a los asesinatos de unas mujeres en una ciudad ficticia. Una de las grandes narraciones de los principios de este siglo XXI.








De novo unha proposta en verso, esta vez en forma de antoloxía, a cargo de Fran Alonso. A proposta é nada menos que un percorrido poa poesía galega, desde Rosalía de Castro ata os autores máis recentes, co fin de achegar o feito poético a aquelas persoas que menos costume teñen de catalo. Fagámoslle caso ó título e poeticémonos.

Novidades Xaneiro (I) / Novedades Enero (I)


La religión ha sido un hecho propio de las civilizaciones humanas desde el principio de los tiempos y, para bien o para mal, ha marcado nuestra historia como especie. Este libro sale a la luz con la intención de informarnos sobre las distintas religiones del mundo, su importancia para millones de personas, y los conceptos básicos de cada una.



Carlos Negro tece neste pequeno volume un conxunto de poemas pensados para mentes (e estados mentais) adolescentes. Cunha poética moi creativa da expresión breve, e ó mesmo tempo explícita. Sen dúbida, un material que incita a deixar a un lado a prevención que certos lectores adoitan ter contra a poesía.