31/1/11

Presentación nos recreos: Fahrenheit 451


Esta semana, durante os recreos da nosa Biblioteca, poderemos ver a presentación Fahrenheit 451, especialmente preparada para acompañar a actividade que desde o Equipo de Biblioteca estamos a desenvolver.

Trátase de poñernos na mesma situación que os protagonistas da novela de Ray Bradbury e pensar qué libro salvariamos, de poder facelo só cunha única obra da Literatura Universal.

Nestes días, e a través dos tutores (a quen agradecemos a súa colaboración), rapaces de todos os cursos están a seguir esta iniciativa, e entre todos os participantes sortearemos o comic que Tim Hamilton debuxou sobre esta novela.

Ademais, en canto teñamos todos os resultados, realizaremos unha presentación na que se recollan todas as propostas.



LIBROSLIBROSLIBROSLIBROSLIBROSLIBROS
LIBROSLIBROSLIBROSLIBROS

25/1/11

III Escrita de Nanocontos: Entrega de agasallos


Ben, xa vai rematar a espera.

Podemos anunciar que a vindeira semana, o martes día 1, no segundo recreo, na nosa Biblioteca celebraremos o acto de entrega de agasallos para os autores dos Nanocontos que, a xuízo do xurado, máis o mereceron.

Lembramos que os premios consisten en senllos Mp4s para os primeiros de cada categoría, e tamén senllos libros ilustrados para os segundos.

Estades todos, como sempre, convidados


24/1/11

Presentacións nos recreos: Charles Bukowski

Esta semana, nos recreos da nosa Biblioteca proxectarase unha presentación sobre o escritor estadounidense Charles Bukowski (1920-1994), acompañada do tema The End, de The Doors, como música de ambiente.

A iniciativa e o deseño desta actividade corresponden ó alumno Álvaro Romero Lago, de 2º BAC A. Convidámosvos, como sempre, a vir vela. Se non vos dá na volta, como dicimos por aquí, sempre podedes botarlle unha ollada aquí mesmo:

17/1/11

Presentaciones en los recreos: Pablo Neruda y "Quién muere"

Esta semana, durante los recreos, en nuestra Biblioteca podremos ver un texto de Pablo Neruda titulado Quién muere. Se trata se una reflexión poética sobre ciertas cosas que la gente suele hacer a diario y que, más que enriquecer la vida, a juicio de Neruda, acercan la muerte. Sin embargo, para que no nos domine la sombra, el poeta incluye sus propias recomendaciones para una vida plena. Aquí os la dejamos, invitándoos a venir a la Biblioteca, donde, como fondo de la presentación, podrá escucharse West End Blues, por Louis Armstrong.

11/1/11

Novidades Xaneiro (II) / Novedades Enero (II)



Jaime é un rapaz que decide dar un forte xiro á súa vida e, acompañado so seu can, inicia unha viaxe que o vai levar moito máis aló do que podería imaxinar. Este é o fío do relato co que Dani Montero, debuxante e guionista de comic, gañou o Premio Castelao de Banda Deseñada, na súa edición do ano 2009.






El tamaño de este libro se justifica por la calidad de sus láminas: así se pueden aprecirar mejor los méritos de las obras de arte que en él se ilustran. La Gioconda, la Capilla Sixtina, el Guernica y muchos más hitos de la pintura y la escultura se reúnen en este libro para hacernos ver hasta dónde puede llegar el genio humano.

Novidades Xaneiro (I) / Novedades Enero (I)



A Confraría de Pescadores de Lira coordinou o esforzo de moitas persoas de Lira, Maceiras, Lariño, San Mamede, Caldebarcos e Carnota para recoller os topónimos dunha zona moi vencellada ó mar. A edición deste libro supón un fito importante na conservación do patrimonio cultural da poboación desta bisbarra nosa.






La novelista Laura Gallego se ha hecho un hueco muy importante en el campo de la literatura infantil-juvenil con sus narraciones. Ahora llega a nuestra Biblioteca su trilogía de más éxito: Memorias de Idhún. En ella conjuga elementos que siempre resultan: misterio, seres y acontecimientos fantásticos, magia...

10/1/11

Presentacións nos recreos: Sol de medianoite

Comezamos o ano, e con el o 2º trimestre sen abandoar o que cremos un bo costume: as presentacións temáticas durante os recreos. Esta semana poderemos observar unha presentación que explica como se produce o fenómeno chamado "sol de medianoite", característico das latitudes do norte do noso planeta. A música que a acompaña corre a cargo de The Beatles, co seu tema Here Comes The Sun.

Convidámosvos a vir vela, como sempre, e así poderedes comprender un pouco como viven o verán polas latitudes do norte do noso planeta.