30/9/10

Aquí estamos de novo

Pois si. Comeza un novo curso e o Equipo de Biblioteca do IES Fontexería presentámonos de novo neste amplo espacio que é internet para dar a coñecer as nosas ideas, o noso traballo e as nosas experiencias dentro deste ámbito das bibliotecas escolares.

Que podemos prometer? Pois un bastante de máis do mesmo e algunha que outra proposta nova que intentaremos levar a cabo durante este curso: presentacións audiovisuais e lecturas nos recreos, exposicións, recomendacións de lectura, algún material didáctico... Ánimo non nos ha faltar, e agardemos que a vós tampouco. De momento, contentámonos con citar unha pasaxe de certo libro, que agardemos sexa do voso gusto (e que vos animamos a ler, pois nos parece unha xoia da literatura galega):


Foi preto do camposanto cando eu sentín boligar dentro da caixa ó pobre Bieito. (Dos catro levadores do cadaleito eu era un). ¿Sentino ou foi aprensión miña? Entonces non podería aseguralo. ¡Foi un rebulir tan maino!... Como a teimosa puvulla que rila, rila na noite, rila de entón no meu maxín afervoado aquel mainiño rebulir.
(Rafael DIESTE; Dos arquivos do trasno, Vigo, 1985)