26/1/10

Entrega de agasallos da 2ª Recollida de Nanocontos

Hai pouco menos dunha hora que vimos de entregar os agasallos correspondentes á 2ª Recollida de Nanocontos, organizada de novo polo Equipo de Biblioteca do noso Centro. Como lembraredes, definiamos o Nanoconto, xa no curso 2008-09, como un relato de menos de 100 palabras. Durante o mes de novembro pasado estivo o aberto o prazo para presentar os Nanocontos, prometendo dous agasallos para dúas categorías por idades: senllos Mp4 e libro ilustrado para as Categoría A (1º Ciclo da ESO) e B (matriculados de cursos superiores). Unha vez realizada a recollida e reunido o xurado, os gañadores resultaron ser os seguintes:

CATEGORÍA A
1º Agasallo: Carlos Navarro, co relato Instrucciones para mi entierro
2º Agasallo: Victoria Otero, co Nanoconto Muñecas suicidas
CATEGORÍA B
1º Agasallo: Tamara Castro, co Nanoconto Anónimo
2º Agasallo: José Rama, cun relato sen título

Nos vindeiros días publicaremos neste blog os Nanocontos premiados, e máis adiante, tal e como fixemos o curso anterior, editaremos un caderno cunha escolma dos case 40 relatos presentados nesta edición da Recollida.
Gracias a todos os que participastes, asististes á entrega, ou dalgún xeito colaborastes, con esta iniciativa. De momento, quedades coas fotografías que serven como lembranza deste evento.

20/1/10

Entrega de agasallos da 2ª Recollida de Nanocontos

Unha vez solucionados algúns atrancos, podemos anunciar que a entrega dos agasallos da 2ª Recollida de Nanocontos terá lugar o vindeiro martes día 26 deste mes no 2º recreo. Convidámosvos a todos a vir: entregaremos os agasallos e leremos os relatos gañadores. Xa desde agora queremos agradecer a participación de todos os que contribuístes a encher este bolsiño que abrimos o curso pasado, e que pretendemos continuar engordando.



18/1/10

Adiamento da entrega de agasallos dos Nanocontos


Pedísmosvos desculpas e, ó mesmo tempo, un chisco de paciencia. Non poderemos realizar a entrega dos agasallos da 2ª Recollida de Nanocontos mañá martes, como tiñamos pensado, debido a retrasos no envío dos libros ilustrados que corresponden ós segundos premios de cada unha das categorías. Contamos con que cheguen esta semana, polo que agardamos poder celebrar o acto de entrega o próximo martes 26. Confirmaremos data e hora neste blog e tamén mediante avisos nos espacios públicos do Centro.
Moitas gracias pola vosa (esperamos) comprensión

11/1/10

Novidades Xaneiro / Novedades Enero (II)



A Fundación Caixa Galicia, da man da editorial Galaxia, é a responsable desta edición especial de Cousas, de Castelao. O clásico da literatura galega do século XX preséntase en pasta dura, cun papel de maior calidade do habitual, e ilustrado polos famosos debuxos do seu autor, tratados nun tono sepia. Todo para facer máis atractivo un texto xa de por si fermoso


También de Océano, este diccionario ilustrado permite un acercamiento directo al mundo de la Ciencia y la Tecnología. lo cual lo convierte en un recurso muy interesante a la hora de solucionar rápidamente cualquier duda que se nos plantee en estos campos. Y, como es norma de esta editorial en los últimos tiempos, incluye un complemento informático: la posibilidad de trabajar con el CD-ROM de que viene provisto

Novidades Xaneiro / Novedades Enero (I)

Principiamos o ano cos mesmos bos desexos lectores e vitais cos que rematabamos o anterior. E, para principiar, que mellor que uns bos libros?
Velaquí tedes, en dúas entregas, as nosas novidades deste mes de xaneiro.





Fina Casalderrey é unha recoñecida autora galega de literatura infantil e
xuvenil. En Sobrevives? compuxo un relato que ten moito que ver cos ambientes escolares: os problemas que sufre e causa o alumno dun Instituto se Secundaria,coñecido polas súas estranas reaccións cara os profesores e tamén os seus compañeiros





La editorial Océano publica ahora unos manuales posiblemente útlles para los estudiantes de Secundaria: acompañada, como es habitual últimamente, de un CD-ROM, esta obra permite estudiar centrándose en los conceptos básicos de cada materia, a través de un simple sistema de preguntas y respuestas, junto con ejercicios de autoevaluación e incluso un generador de exámenes