29/5/09

Xornadas de Astronomía


A vindeira semana celebraremos na nosa Biblioteca unhas Xornadas de Astronomía, aproveitando que 2009 está declarado Ano Internacional da Astronomía; con isto preténdese lembrar que se cumpren 400 anos das primeiras observacións do Universo que Galileo Galilei fixo cun telescopio . A iniciativa xorde do Departamento de Física e Química, e en concreto da súa profesora Ángeles Ramos.

As actividades que se levarán a cabo son as seguintes:

- Durante os dous recreos (10,10-10,30 e 12,10-12,30) de luns a mércores proxectaremos as presentacións Sol de medianoche e Viaje con la NASA.

- Nos dous recreos do xoves 4 proxectaremos varios vídeos breves relacionados co Universo.

- Durante os catro días poderase ver unha exposición de material variado relacionado coa observación astronómica: planetarios de man, un telescopio, libros sobre este tema, pósters, etc.

Como sempre, convidámosvos a vir e participar nesta actividade: lembrade que os recreos son un tempo especialmente pensado para o lecer; e o lecer cultural é dos mellores leceres.

25/5/09

Proyecciones en los recreos: Homenaje a Mario Benedetti

Esta semana, durante los recreos, nuestra Biblioteca homenajeará al escritor uruguayo Mario Benedetti, recientemente fallecido. Nuestro recuerdo consistirá en una presentación con notas biográficas y textos de este gran poeta, que nos enseñó, entre otras cosas, a "ser mucho más que dos". La música que, como de costumbre, acompaña las diapositivas, es el Trio en Mi bemol mayor, Opus 100, de Franz Schubert.
Aquí tenéis la presentación. Confiamos en que ella os sirva para acercaros a Benedetti y disfrutar de su lectura:


22/5/09

Xornadas das Letras Galegas (II)

Onte remataron as Xornadas que o Equipo de Biblioteca organizou en conmemoración do Día das Letras Galegas, celebrado o pasado día 17.

O luns 18 e o martes 19, nos segundos recreos (de 12:10 a 12:30), proxectamos dous vídeos elaborados nos CPIs San Vicente (A Baña) e Os Dices (Rois), sobre a figura de Ramón Piñeiro. Cando os localizamos en Youtube gustáronnos moito e provocáronnos unha sa envexa, porque está claro que con gañas de traballar e espírito de colaboración se poden conseguir resultados ben fermosos. Queremos felicitar desde aquí ós promotores e realizadores destes vídeos. Deixámolosvos aquí para que quen non os conozades os poidades ver:






O mércores 20 e o xoves 21, tamén nos segundos recreos, proxectamos unha presentación de diapositivas con textos escollidos dalgúns dos autores ós que en anos pasados se ten dedicado o Día das Letras Galegas. Conforme ían aparecendo na pantalla, pedíase ó público asistente que lese os textos; a sua aparición duraba un minuto, de xeito que o mesmo texto podía ser lido por varios membros do público. A continuación facíase un breve comentario sobre as impresións producidas pola lectura. De fondo, podíase escoitar a peza musical Romance de Triacastela, a cargo do grupo Milladoiro. Ó final de cada día entregábase ós asistentes un caderno que incluía a escolma de textos.
Se queredes ver a presentación, velaquí está:


O Equipo de Biblioteca quere constatar que nesta ocasión a asistencia a esta actividade foi algo máis minguada que en ocasións anteriores. Puido influír o feito de que esteamos xa nunha época algo cargada de exames, e que este mes se están a celebrar competicións deportivas durante os recreos, iniciativa tamén loable. Sen embargo, queremos dar as gracias ós alumnos e profesores que asistiron e participaron. E, por suposto, porfiamos en animar a todos a que se sumen a posteriores actividades que se poñan en marcha desde (ou a través de) o entorno da Biblioteca.
Para rematar, e como decote, unhas fotos:



13/5/09

Xornadas das Letras Galegas


Durante a vindeira semana, de luns a xoves, a nosa Biblioteca será escenario dunha serie de actividades que denominamos conxuntamente Xornadas das Letras Galegas, aproveitando que precisamente este domingo é día 17. Xa durante esta semana se está podendo observar durante os recreos, como xa anunciamos, a presentación sobre Ramón Piñeiro que tedes aquí embaixo.

Permanecede atentos ó blog e ós corredores do Centro, mais, por se acaso, aquí deixamos o cartel coas actividades programadas:

11/5/09

Presentacións nos recreos: Ramón Piñeiro

A nosa Biblioteca lembra desde esta semana que o domingo 17 se celebra o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Ramón Piñeiro. Por iso, durante os recreos destes días poderemos observar unha presentación de diapositivas dixitais sobre este persoeiro, acompañada da peza musical O meu país, do cantautor Miro Casabella.

5/5/09

Presentacións nos recreos: Orson Welles

Durante esta semana nos recreos da nosa Biblioteca poderase observar unha presentación sobre a figura de Orson Welles, destacado cineasta e home de teatro estadounidense, quen mañá día 6 de maio tería cumprido 94 anos. Velaquí a tedes: