30/3/09

Lecturas recomendadas: Departamento de Lingua e Literatura Española


Hai xa uns meses que o Equipo de Biblioteca solicitou ós Departamentos didácticos do noso Centro unha lista de lecturas recomendadas relativas ó seu campo docente. O obxectivo é, loxicamente, fomentar a lectura e acrecentar a bagaxe cultural dos alumnos e profesores do IES Fontexería, e de todos cantos queiran achegarse a este blog.


Así, comenzamos a publicación destas propostas coa aportación do Departamento de Lingua e Literatura Española. Nas vindeiras semanas han aparecer, como mínimo, as dos Departamentos de Latín e Filosofía. Todas as listas serán incorporadas á seccíón de enlaces que podedes ver nesta mesma páxina, á dereita.
O Equipo de Biblioteca segue a animar ós Departamentos, e tamén ós alumnos, a sumarse ás inicitativas que parten da propia Biblioteca, e a propoñer outras. Podedes contactar con nós a través de comentarios realizados neste mesmo blog, ou ben no correo electrónico fontexeriabib@terra.es.
Gracias a todos e boas lecturas (aproveitade as vacacións que estamos a piques de disfrutar).

Presentacións nos recreos: Larra

El 24 de este mes de marzo se cumplió el 200º aniversario del nacimiento del gran articulista Mariano José de Larra. Con este motivo, durante los recreos de esta semana (coincidiendo además con la Semana Cultural de nuestro IES) se proyectará esta presentación que podéis ver aquí, elaborada por el profesor Alfonso Blanco, acompañada de un fragmento de la Sinfonía nº 8, llamada la Incompleta, de Franz Schubert.

El Equipo de Biblioteca sigue animando a alumnos y profesores a que colaboren con esta iniciativa. De hecho, ya tenemos noticias de que el Departamento de Economía va a participar. Que cunda el ejemplo.
Gracias a todos

25/3/09

Presentacións nos recreos: Charles Darwin

Durante esta semana a presentación que se proxectará durante os recreos será sobre Charles Darwin. Lembrámosvos que neste ano 2009 cúmprese o 200º aniversario do nacemento deste científico, e 0 150º da publicación da súa obra capital, A orixe das especies.
O autor de Liebestraum no. 3, a peza musical que a acompaña, é un contemporáneo de Darwin: Franz Liszt

Proxeccións nos recreos: PARTICIPADE!


Reiteramos a nosa invitación a crear ambientes culturais na Biblioteca durante os recreos con presentacións acompañadas de música. Todos podedes facer aportacións: alumnos, profesores, e membros da comunidade educativa en xeral. Se alguén se sinte inseguro con programas como Powerpoint de Microsoft ou Impress de OpenOffice, abonda con incluír nunha carpeta as imaxes que se queren proxectar e propoñer unha música de ambiente. Así de simple.

A LUZ E O SON TAMÉN TRANSMITEN SABER (E PRACER)

18/3/09

Presentacións nos recreos: O libro en Occidente

Como diciamos na anterior entrada, a partir de agora proxectaranse presentacións temáticas durante os recreos na nosa Biblioteca, acompañadas de música ambiental.
Publicamos aquí a primeira delas, titulada "O libro en Occidente", na que se fai un repaso visual polos formatos que o libro foi adquirindo ó longo do desenvolvemento da cultura occidental. A peza musical que a acompañaba era a Gnosienne no. 1, de Erik Satie.
O Equipo de Biblioteca anima a alumnos e profesores a propoñer materiais deste tipo para contribuír a crear ambientes favorables á cultura no noso Centro.

16/3/09

Novo equipamento da nosa Biblioteca

Desde agora, a nosa Biblioteca incorpora a tecnoloxía da información en beneficio dos seus usuarios (e xa era hora, dirá alguén, con razón).
Desde a semana pasada dispoñemos de tres ordenadores con acceso a internet, que poderán ser empregados por todos os usuarios, en condicións que o Equipo de Biblioteca, en colaboración co Equipo TIC do Centro, establecerá en breve. Estes recursos engádense á rede wi-fi de que disfrutabamos ata agora, pero que estaba a ser pouco utilizada, dado que ata este momento ningún alumno acudiu á Biblioteca cun ordenador portátil.
Instalamos tamén un proxector de vídeo suspendido no teito xunto cunha pantalla despregable e un equipo de son 5.1. Preténdese así que a Biblioteca sexa un espacio apto para a comunicación audiovisual. O Equipo de Biblioteca xa lle está dando uso: durante os recreos, os usuarios poderán observar breves presentacións temáticas, acompañadas de música suave. Esta actividade comezou a semana pasada, e continuará esta, coa serie de diapositivas elaborada polo , profesor Alfonso Blanco, titulada O libro en Occidente; a audición que a completa é a da peza Gnossienne no. 1 de Erik Satie. Esta iniciativa está aberta a todos aqueles que queiran elaborar materiais deste tipo, que cremos contribúen a crear un ambiente apto para a lectura, o estudio, ou o ocio cultural.
O Equipo de Biblioteca quere agradecer especialmente o asesoramento e colaboración do Equipo TIC á hora de planificar e levar a cabo esta importante mellora no noso espacio.
A seguir amosámosvos en fotos o aspecto que ten agora a nosa Biblioteca:


A CULTURA É O CAMIÑO VITAL DO SER HUMANO

12/3/09

Suxerencias de lectura


Temos expostas na nosa Biblioteca as suxerencias de lectura que pedimos ós profesores a principios deste curso. Cadaquén debía seleccionar un fragmento dun libro que lle producira unha certa impresión e traladalo a un papel, xunto con algunha imaxe do autor e un comentario persoal. O obxectivo era crear nos nosos alumnos interese pola lectura, a través da observación do que nós lemos: ó mellor así nos comprenden algo.
O Equipo de Biblioteca recolleu as aportacións, ampliounas ata tamaño DIN A3 e plastificounas. Hai un variado surtido de obras que marcaron, segundo parece, dalgún xeito, a experiencia cultural do equipo docente deste IES (quizais non sexa necesario ser tan trascendente): García Márquez, Saint-Éxupery, Asimov, Davis Grubb, Blanco-Amor, Dieste, Saramago...
Na Semana Cultural, que terá lugar entre os días 30 de marzo e 3 de abril, expoñerémolas noutros lugares do Centro.


A todos profesores que participastes, moitas gracias. E ós que non, non vos damos as gracias, pero animámosvos a que o fagades en próximas convocatorias.

5/3/09

Novidades Marzo / Novedades Marzo (II)


Un diccionario enciclopédico como este constitúe unha ferramenta útil para atopar definicións de conceptos, datos concretos sobre países ou persoeiros. Ademais, inclúe abondosas ilustracións e, para ir cos tempos, un CD-ROM no que a mesma información se presenta de modo interactivo, acompañada de arquivos de audio e vídeo.





Romper a cabeza (en sentido figurado) pode ser unha boa forma de entreterse. Neste libro has atopar, como di o seu título, ata 1.000 desafíos para a túa capacidade intelectual: xogos de mans, problemas matemáticos, debuxos agochados, enigmas, adiviñas, xogos de palabras... A presentación axuda, xa que hai moitas e grandes ilustracións. ATRÉVETE!




La afluencia de inimigrantes a Europa está convirtiéndose en un fenómeno que está transformando, en mayor o menor medida, nuestras sociedades. Gonzalo Herranz De Rafael analiza en este breve ensayo las repercusiones que este hecho puede tener: aparecen conductas racistas y xenófobas, como también surgen defensores de la aceptación sin más de las costumbres de los recién llegados.





Unha das grandes preocupacións do docente de hoxe debe ser educar ós rapaces, a parte de instruílos e darlles coñecementos. A pesar de que o labor no ámbito da familia é básico, os profesores deben complementalo comunicando uns valores que sirvan de guía para unhas mentes en formación no medio dun mundo tan cheo de estímulos e tan cambiante como é este no que vivimos.

Novidades Marzo / Novedades Marzo (I)



Este diccionario de la editorial Océano resulta útil como herramienta para consultar la definición de cualquier concepto del ámbito de la Ciencia y la Tecnología, por lo que se puede convertir en un buen compañero para el estudio o la elaboración de trabajos. Como es costumbre ya en esta editora, incluye un CD-ROM interactivo.





La ruptura de una relación amorosa siempre es traumática, máxime cuando hay hijos implicados. En La primera esposa la novelista Françoise Chandernagor se introduce en la piel de una esposa abandonada, que tiene que asumir el verse arrinconada por otra mujer más joven de la que su marido se ha enamorado. ¿Se puede sentir uno injustamente tratado por todos los años que ha entregado al funcionamiento de una convivencia?





Nestes últimos anos, a editorial Galaxia e a Fundación Caixa Galicia están a realizar un labor beneficioso e necesario para a lingua galega: traducir ós grandes clásicos da literatura universal: ler a Dostoievski, Kafka, Shakespeare ou Dickens en galego é un xeito de asumir que esta lingua nosa é tan válida como calquera outra para achegarnos ós cumios das letras.






O Mundo Antigo é responsable de moitas aportacións científicas e tecnolóxicas que perviviron ó longo do tempo e das que nos seguimos a servir. moitas veces sen sermos conscientes da súa procedencia. Neste libro, Brian M. Fagan fai un repaso destes descubrimentos: ferramentas, utensilios, vestimenta, metalurxia, medios de transporte, vías de comunicación, maquinaria de guerra, arte, astronomía, matemáticas...

4/3/09

Arte na Pedra. A Catedral de Santiago


A editorial Promocións Culturais Galegas, da man da Fundación Caixa Galicia, pón ó alcance do público en xeral, e dos estudiantes de Arte en particular, este breviario no que se resumen os rasgos fundamentais da arquitectura da catedral de Santiago de Compostela, repasando tamén a súa evolución a través dos tempos.
O libriño resulta moi cómodo de ler, e ademais está ilustrado por debuxos de Pepe Carreiro, que contribúen a que sexa un compañeiro agradable, sobre todo para alumnos que estean en trance de examinarse, poñamos por caso, da proba de Historia de Arte das PAAU, na que o tema do románico e desta catedral adoita aparecer.
De momento só temos un exemplar, pero estamos á procura de conseguir uns cantos máis.

¿Por que non lle botades unha ollada?