29/1/09

Lendas galegas (por fin)

E o de "por fin" non o dicimos por nada. Tivemos que loitar durante as horas previas á lectura contra a falta de suministro eléctrico. Mais estes atrancos non puideron con nós. A actividade foi presentada pola organizadora do acto, a profesora Mónica Souto (membro do Departamento de Lingua e Literatura Españolas e do Equipo de Biblioteca). Logo, Johanna Sanvicente e Santi Lamela deron lectura a tres textos nos que se relataban senllas lendas galegas: a ben coñecida de Santo Andrés de Teixido, unha segunda de tema romántico ambientada no Courel e titulada A prisión subterránea, e unha última, de terror, localizada na nosa comarca, titulada A lagoa de Louro. Os textos foron extraídos de varios libros de contido etnográfico, así como, no caso da da lagoa de Louro, da tradición oral local.
Velaquí tedes fotografías de varios momentos da lectura:


Ben, pois máis nada. Ata a próxima lectura. Lembrade que o Equipo de Biblioteca agarda as propostas de todos.

MEMENTOTE LEGERE

murosenlatin@hotmail.es


26/1/09

Lendas galegas (recuncamos)

A cicloxénese explosiva (así disque se chama o ventarrón que nos visitou desde o venres pola tarde ata o sábado á mañanciña) saboteounos a lectura programada para o pasado día 23. A pesar de que a cousa ía de lendas, non somos supersticiosos, e reprogramamos para este mércores, ou sexa, pasado mañá (que non nos pase nada...).


22/1/09

Busca de fondos


¿Sabiades que desde a vosa casa ou desde calquera recuncho con conexión a Internet podedes consultar o noso catálogo de libros? Podedes buscar un libro concreto por autor, título, materia... É moi sinxelo; só tedes que facer click neste enlace:

http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=CED083

Ademais, nesta páxina tedes, nunha columna situada á esquerda, enlaces a outros catálogos bibliotecarios de toda España (incluíndo a Biblioteca Nacional) e tamén do mundo (entre eles a famosa Biblioteca do Congreso de EE.UU., unha das mellores e máis dotadas do mundo). A web é esta: http://www.meiga.rbgalicia.org/OutrosCatalogos.html

Tamén, na páxina raíz (http://www.opacmeiga.rbgalicia.org) pódese acceder a todas as Bibliotecas escolares e municipais de Galicia que participan do Proxecto Meiga, que pretende poñer en rede todos os recursos bibliográficos da nosa Comunidade Autónoma.

Máis nada, quedades avisados. Os dous enlaces quedarán a partir de agora incorporados na sección correspondente deste blog (arriba á dereita, por se non vos decatarades).

¡Ah! Lembrade que mañá temos lecturas de lendas galegas en ambiente, como sempre, moi esssspecialll.

16/1/09

Rapaces de 3º e 4º ESO e lendas galegas

Cambiamos Nanoconto por MP4

Nanocontos gañadores do 2º e 3º premio

Compracendo unha petición do noso visitante máis asiduo (Sati), aquí tedes os textos gañadores do 2º e 3º premio, cuxos autores son, respectivamente, Libertad Romero e Mario Martínez, de 2º BAC A.
Respecto do concurso para adxudicar o 1º premio, que quedou deserto, desde onte e ata o 30 deste mes de xaneiro está aberto o prazo para entregar novos Nanocontos. Lembrade que debedes introducir os vosos Nanocontos, sen asinar ou baixo seudónimo, nun sobre pechado xunto con outro máis pequeno no que figuren os vosos datos persoais.

Ben, abonda xa: o protagonismo debe ser agora para os premiados.

2º PREMIO (Libertad Romero)
Son sueños aquellos en los que la gente deposita sus esperanzas con el fin de ser cumplidas. Había pasado mi vida planeando un futuro en el cual tendría una estabilidad y una felicidad que, parece ser, nunca llegaría. ¿Había desperdiciado mi vida pensando en el futuro? La respuesta la tenía ante mis ojos: no sólo la había desperdiciado, sino que nunca había vivido el presente. Sabiendo que mis conclusiones nunca serían divulgadas, comencé a sentir cómo mis pensamientos se apagaban, dejando tras de sí un cuerpo inerte, vacío, un cuerpo sin vida "previsor" del futuro, un cuerpo que sin seguridad yacía sin el amparo de un cinturón que le salvaría la vida.
IRONÍAS

3º PREMIO (Mario Martínez)
A saliba dos teus bicos xa me sabe mal. É, por suposto, que non te odio; pero, sen máis, tampouco te quero menos do que debería. É raro. Ti sábelo, a ignorancia lévase, a intelixencia perdeuse, míraos! O conto comeza cando me relato un cigarro, paciencia. Apagueino e no conto non contei nada, cousa ningunha, perdoe o meu fatal erro, a redundancia. O que eu non podo poden os alleos, alleos a que o noso pequeno anaquiño de imaxinación xa remata, todo foi unha ilusión túa, xogo de recursos o cal plasmei en papel. Mentres o outro xa é cinza.
We are One

15/1/09

Novidades Xaneiro / Novedades Enero (II)





Candido Pazó, autor teatral, guionista, contacontos, actor e director de escea, compuxo esta pequena obra teatral na que os personaxes son animais e elementos da natureza. Pode ser un achegamento divertido ó noso entorno natural máis directo: ¿cando foi a última vez que te fixaches nunha ra? Nesta obriña coñecerás a estes bichiños algo máis de preto... e se cadra ris un chisco.




Nesta novela con entorno adolescente, Fernández Paz continúa a súa andaina polo xénero narrativo, ben coñecido del. A trama xira arredor dun descubrimento intrigante que unha rapaza, Sara, fai sobre a vida pasada da súa avoa. O que o autor che propón é que vaias debullando o misterio ó mesmo tempo que a protagonista. Só un consello: non te escandalices por nada, que non é san.






Toda antoloxía é unha escolma. Luciano Rodríguez acolle nesta selección de poesía galega so s. XX o que lle resulta máis representativo da época máis recente da literatura galega. No libro danse cita ata 38 poetas en galego, e cubre todo o século pasado, desde autores nacidos mesmo no XIX, ata poetas en activo hoxe en día.



O Departamento de Física e Química deste Centro vén de depositar nesta Biblioteca un conxunto de libros de texto das súas materias que abranguen todos os cursos da ESO e o Bacherato nos que se imparten. Pertencen ás principais editoriais de libros de texto que traballan na actualidade. Lembra que os tés á túa disposición aquí no caso de que o perderas, esqueceras e, sobre todo, che faga falta.

14/1/09

Novidades Xaneiro / Novedades Enero (I)




La esclavitud está oficialmente abolida en todo el mundo. Pero que sea ilegal no quiere decir que no exista. Este libro pretende hacernos conscientes de una realidad que nosotros, afortunados ciudadanos de primera, no conocemos ni concebimos. ¿Será que al ser humano todavía le falta bastante para respetarse a sí mismo?




Una defensa de la laicidad como modo de vida individual y un modelo para el Estado en que vivimos. Según el autor, el libro no es un alegato contra la religión; más bien pretende que ésta ocupe el lugar que le corresponde en una sociedad plural y no ocupe otros ámbitos como vía para mediatizar la conciencia de los ciudadanos inculcándoles que sólo su sistema de creencias es el verdadero.




A Universidade de Santiago e a Fundación BBVA levan varios anos ofrecendo traduccións ó galego de obras que influíron de xeito decisivo no desenvolvemento da Cultura Occidental. Desta vez, a versión galega do libro clásico de Maquiavelo sobre o poder quizais sexa un bo motivo para descubrir se o significado que lle damos ó adxectivo “maquiavélico” está xustificado.






Este libro ofrece un relato da catástrofe ecolóxica, económica e social que causou o afundimento do petroleiro Prestige en novembro de 2002. Ademais de expoñer as consecuencias que este feito tivo para Galicia, analiza os problemas que o noso mundo actual deberá afrontar, segundo os autores, en moi breve prazo polo inminente esgotamento do petróleo, a nosa fonte principal de enerxía.

13/1/09

Por fin os carnés!

Pois si. Por fin estamos en disposición de distribuir os carnés de usuario da nosa Biblioteca. Os tutores serán os encargados de entregarllos ós alumnos de cada grupo.
O carné será requerido á hora de solicitar o préstamo a domicilio. Contén o nome, apelidos, DNI e dirección do usuario, ademáis dun número asignado, xunto cun código de barras. Este será moi útil en canto dispoñamos dun lector electrónico, o que permitirá que o proceso de préstamo estea completamente automatizado.

Máis nada. Iso si, agardamos que vos guste a cor que escollemos.
Gracias mil e xa sabedes:

LEGERE, LER, LIRE, LEER, READ, LESEN, LLEGIR, LEGGERE...