29/4/09

XA SOMOS BLOG MANEIRO!



Os blogs de bibliotecas escolares Vilán, do IES Pedra da Aguia (Ponte do Porto-Camariñas) e A Biblioteca do Colmeiro, do IES Manuel Colmeiro (Silleda), veñen de concedernos o premio Olha que Blog Maneiro! ("maneiro" en portugués do Brasil significa algo así como "con xeito", "merecente de verse ou coñecerse").

Agradecemos moi sinceramente este xesto, que nos anima a seguir traballando e a aprender de todos aqueles que, igual que nós, están a contribuír a que as bibliotecas escolares sexan unha fonte de recursos e unha referencia de estratexias didácticas en cada centro educativo.
Recibir este premio conleva unhas responsabilidades, coas que procedemos a cumprir. A primeira de todas elas é publicar as regras que debe seguir todo premiado:

1. Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”.
2. Exhibir o nome do blogue que concedeu o premio.
3. Indicar outros 10 blogues propostos para seren maneiros.
4. Comunicar o premio aos blogues seleccionados.
5. Publicar as regras.
6. Comprobar que os blogues premiados seguen as normas.

Os blogs a quen facemos este mesmo agasallo son os seguintes:

Ars Legendi, do CPI San Vicente, de A Baña (A Coruña)

Biblioblogreboreda
, do CPI Santo Paio de Abaixo, de Redondela (Pontevedra)

Bibliobrey
, do CEIP Fermín Bouza Brey, de Ponteareas (Pontevedra)

Bibliesada
, do IES Isaac Díaz Pardo, de Sada (A Coruña)

Biblioarzua
, do IES de Arzúa (A Coruña)


Bibliobaronceli
, do IES Castro de Baronceli, de Verín (Ourense)


Biblioboveda
, do IES Alexandre Bóveda, de Vigo (Pontevedra)

Biblospazos
, do CEIP de Pazos, de Ferrol (A Coruña)

Tarabelateca
, do IES Ramón María Aller Ulloa, de Lalín (Pontevedra)


Srblas



Moitas gracias e parabéns para todos.

4 comentarios:

  1. MOitas Grazas!, polo voso agasallo, polas vosas visitas, polas vosas olladas,... Grazas!!

    ResponderEliminar
  2. Estamos abraiadas con este xeneroso agasallo que vos agradecemos MOITÍÍÍSIMO e que non temos claro merecer.
    Perdoade que non sigamos a cadea, non saberíamos a quen escoller nin a quen descartar.
    Bicos e apertas a todos. Seguiremos traballando agora con máis responsabilidade e forza que nunca. :)

    ResponderEliminar
  3. Muchísimas gracias por este "premio" y muchísimos perdones por tardar en venir a vuestra casa a agradecéroslo. Intentaremos seguir la cadena......

    ResponderEliminar