28/4/09

Proxeccións nos recreos: Bibliotecas do Mundo

O Equipo da nosa Biblioteca ven de elaborar a presentación que se poderá ver nos recreos durante esta semana. Consiste nunha visión de certas Bibliotecas, antigas e modernas, que existen no planeta e que comparten todas elas un mesmo obxectivo: ser depósito e fonte de información e lecer para toda a Humanidade. A música que, como decote, acompaña ás diapositivas e o movemento "Xúpiter" da suite orquestral Os Planetas, de Gustav Holst.
Como sempre, convidámosvos a que pasedes pola Biblioteca. Un saúdo a todos e aquí tedes a presentación. Agardamos que vos guste:

3 comentarios:

  1. No noso blog tedes(aínda sabendo que probablemente algún dos mencionados xa teña o galardón)o agasallo de Blog Maneiro, con agradecemento para aqueles que van marcando camiño e tamén para os que están na 'batalla'.

    ResponderEliminar
  2. Moitísimas gracias. Procedemos a seguir as instruccións do agasallo. Parécenos unha estupenda maneira de comunicármonos solidariedade todos os que estamos na "batalla", como ben dis, das Bibliotecas Escolares

    ResponderEliminar