28/2/11

Premios Nobel en lengua española (I)

Durante los recreos de nuestra Biblioteca de esta semana proyectamos la primera de una serie de presentaciones dedicadas a los Premios Nobel en lengua española.

En sucesivas semanas iremos mostrando algunas otras, todas ellas elaboradas por alumnos de 4º ESO, como parte de su trabajo en la materia de Lengua y Literatura Españolas.

Las primeras en publicar su presentación son Judit Rama y Camila Rodríguez, que han trabajado sobre el Nobel más reciente: Mario Vargas Llosa.

Este es el resultado:


25/2/11

22/2/11

III Escrita de Nanocontos: Relatos premiados (II)

Segunda entrega dos textos gañadores dos agasallos da recollida de Nanocontos.

Agora é a vez do 2º e 1º premios da categoría de 2º Ciclo da ESO, Bacharelato e Adultos:


1º premio
[Sen título], por Tamara Castro Candamo (2º BAC A)

Non pasará nada, dixo o pai cando puxo o motor en marcha. Non vai pasar nada, pensou a nai cando montou no coche. Non ten por que pasar nada, dixeron os nenos, que levaban o cinto posto. Non pasa nada, dixo o conductor borracho que ía en dirección contraria. Non está a pasar nada, gritaron os dous coches ao impactar. Non pasou nada, anunciaron os policías que chegaron ao lugar do sinistro. Por que chorades? -preguntoulle un asistente ao funeral a un familiar- se, á fin e ao cabo non pasou nada?

2º premio
[Sen título], por Álvaro Romero Lago (2º BAC A)

Co último sorbo de café sentín baixar polo estómago unha forza irresistible. A piques de rematar en catástrofe, corrín até atoparme coa taza máis podre do país. Sentado xa alí, placidamente, vin unha cita de Orwell. Aquilo lembroume ao dos Nanocontos eses. Pensei en facer un, pero non deses tan noxentos que falan do amor ou da guerra ou de calquera outra desgracia. Tan fétida atmósfera só podía facerme pensar na vida. Só a vida se parecía ao que había baixo a taza. Que orgulloso estaba do meu Nanoconto... Mirei aos lados e non quedaba papel.
FivetoOne

III Escrita de Nanocontos: Relatos premiados (I)

Como facemos cada ano, publicamos neste blog os textos gañadores dos agasallos da recollida de Nanocontos. Lembramos: un Nanoconto é un relato de menos de 100 palabras.

Comezamos polo 2º e 1º premios da categoría de 1º Ciclo da ESO:


1º premio
LA VIDA DE UN VAGABUNDO, por Adrián Bouzas Caamaño (2º ESO B)

Hola. Me llamo Nygel, y soy un vagabundo. Mi madre me abandonó a los trece años y desde entonces vivo en mi gran mansión pública: la playa. Tengo tres mascotas: mi rata Rudolf, mi gusano Manolo y mi topo Hans. Dormimos en nuestra cama de ramas de pino, que pican un poquito pero es lo que hay. Soy muy trabajador. He abierto mi propia tienda de souvenirs: vendo piñas. Ya he ahorrado tres euros.
Esto es todo. Si queréis visitarme, acercaos a mi casa y nos damos un chapuzón.

2º premio
MIEDO, por Aldara Formoso Gómez (1º ESO A)

Cada día, cuando me levantaba para ir al instituto, sentía que un gran miedo me invadía. Indefinido. Innombrable.
Era por el apartamento del segundo piso. Justo debajo. Aparentemente, nadie vivía allí. Ningún movimiento. Ningún ruido. Frío. Vacío.
Pero yo sentía que algo se movía en su interior, que algo crecía. Algo que me aterraba. Indefinido. Innombrable.
Aquel día, al bajar las escaleras, oí un ruido y, por el rabillo del ojo, vislumbré una oscura sombra que nubló mis ojos.
Desde ese día ya no siento, no respiro. Ya no corre sangre por mis venas. Me he vuelto indefinida, innombrable.

21/2/11

Presentacións nos recreos: Manolo Chinato

De novo Álvaro Romero Lago, alumno de 2º de Bacharelato, achega unha proposta para os recreos da nosa Biblioteca.

Nesta ocasión, trátase dunha presentación na que se amosan textos do poeta Manolo Chinato, de moita sona entre os seguidores de Extremoduro e Robe Iniesta.

A presentación, como é habitual, vai acompañada de música de fondo: cancións compostas por Robe Iniesta baseadas en poemas de Manolo Chinato.


Sempre estades convidados a estas expresións culturais con que enchemos o tempo dos recreos da nosa Biblioteca. Para os que non veñades, aquí queda a presentación:



14/2/11

Presentación nos recreos: Elvis Presley

Nos recreos da nosa Biblioteca temos sempre espacio para a música, pois as presentacións que proxectamos van sempre acompañadas dalgunha canción ou composición. Esta semana será a música a protagonista, pois dedicámola á figura de Elvis Presley, quen, de estar vivo, tería cumprido 76 anos en xaneiro pasado.

Convidámosvos, pois, a achegarvos á figura e música do Rei do Rock. A presentación deixámosvola aquí. Para as cancións... teredes que vir escoitalas (e lelas).


2/2/11

Novidades Febreiro (II) / Novedades Febrero (II)



Desde os tempos máis antigos, o territorio do que hoxe é Galicia foi recoñecido polo ser humano como un lugar do que extraer recursos no seu solo. Neste dossier, máis que libro, a Xunta de Galicia achéganos a riqueza mineral galega, amosando todo o proceso industrial, desde a extracción á comercialización.






La editorial El Rompecabezas ha puesto en marcha una serie de libros dedicados a contar la biografía de personajes “terriblemente famosos” a lo largo de la Historia. El tono de los relatos es ligero, y van acompañados de ilustraciones. De momento, ofrecemos las vidas de Einstein, Shakespeare, Churchill, Newton, Cleopatra y varios inventores.

Novidades Febreiro (I) / Novedades Febrero (I)




A editorial A Nosa Terra pón ó noso alcance uns libros nos que podemos apreciar o patrimonio natural que temos en Galicia. Por estes catro tomos, dedicados a cada unha das provincias galegas, pasan todos os nosos espazos naturais, para que poidamos decatarnos da riqueza paisaxística, vexetal e animal que posuímos.







Vero
es un personaje creado por Carlos Puerto que tiene un poder: introducirse, gracias a mecanismos virtuales, en los grandes clásicos de la novela universal y convertirse en uno de sus personajes para seguir sus aventuras. Este es el punto de partida de la serie “veronik@click”, de la cual os presentamos cuatro volúmenes.

III Escrita de Nanocontos: Entrega de agasallos (II)

Como estaba previsto, finalmente aconteceu: os premiados na III Recollida de Nanocontos recibiron onte os seus agasallos, cunha nutrida asistencia de público, o cal, desde logo, agradecemos.

Noraboa ós premiados: Aldara Formoso e Adrián Bouzas na categoría de 1º Ciclo da ESO, e Álvaro Romero e Tamara Castro na do resto dos matriculados. A todos os demais que participaron, graciñas e lembrade que, se o Universo non para de xirar, o curso que ven haberá outra convocatoria.

Proximamente, aquí, neste blog, os relatos agasallados